Policarpo Sanz 24-26
Vigo
Pontevedra
Situado nunha xoia arquitectónica de finais do século XIX, o Centro Social Caixanova conta con máis de 13.000 metros cadrados de superficie, distribuídos en cinco plantas e supuxo un investimento de máis de 30 millóns de euros. Atópase en pleno centro de Vigo, a escasos metros do Centro Cultural Caixanova, referente imprescindible da actividade cultural en Galicia. Tradición e modernidade fúndense na recuperación deste edificio, un dos máis emblemáticos da nosa arquitectura, para dedicalo ao servizo da sociedade.